
CHARLA-OBRADOIRO “ECLIPSE A LA VISTA” 12 DE AGOSTO
Esta charla-obradoiro ten coma obxectivo coñecer que é un eclipse total de Sol e por que o do 12 de agosto será un acontecemento astronómico excepcional. Aprender a observalo con seguridade, entendendo as súas fases e as circunstancias locais do fenómeno. Tamén saberemos cales serán as mellores localizacións para velo no Concello de Arteixo.
Dirixido: Público xeral. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Oscar Blanco Varela (director do Centro Astronónico Trevinca)
Contidos do temario:
I.Introdución visual aos eclipses totais de Sol, con explicacións sinxelas apoiadas en imaxes e vídeos de observacións reais. Tamén saberemos cales serán as mellores localizacións para velo no Concello de Arteixo.
II.Descrición detallada do eclipse do 12 de agosto, das condicións de observación e das recomendacións de seguridade, incluíndo que lentes homologadas deben empregarse, como utilizalas correctamente e en que momentos son necesarias para unha observación segura.
III.A actividade será guiada por Óscar Blanco, presidente da Asociación Astronómica da Coruña, recoñecido divulgador científico e astrofotógrafo con ampla experiencia na observación de eclipses totais de Sol, dos que xa presenciou nove en diferentes lugares do mundo.
Datas e horarios:
-
Xoves 23 de xuño de 19:00 a 21:00h.
- Mércores 5 de agosto de 19:00 a 21:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 10 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 15 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal