
TALLER “CAIXA ESTENOPEICA”
(CÁMARA FOTOGRÁFICA SEN LENTE)
Este taller ten coma obxectivo construír e empregar unha cámara estenopeica para observar de maneira segura a eclipse total do 12 de agosto, comprendendo os principios básicos da formación da imaxe sen lentes. Fomentar a experimentación científica, a creatividade e a divulgación da astronomía mediante unha experiencia práctica e participativa.
Dirixido: Público xeral. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Oscar Blanco Varela (director do Centro Astronónico Trevinca)
Contidos do temario:
I. Descrición detallada do eclipse do 12 de agosto, das condicións de observación e das recomendacións de seguridade. Tamén saberemos cales serán as mellores localizacións para velo no Concello de Arteixo.
II. Introdución ao funcionamento da cámara estenopeica e aos principios básicos da formación da imaxe.
III. Construción dunha cámara estenopeica con materiais sinxelos e preparación para a observación segura da eclipse.
IV. Observación e rexistro da eclipse total do 12 de agosto mediante proxección, analizando os resultados e resolvendo dúbidas sobre o fenómeno astronómico.
Datas e horarios:
- Mércores 29 de xullo de 11:00 a 13:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 10 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 15 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal