Novo taller do Espazo Municipal Ecolóxico “Caixa Estenopeica”

TALLER “CAIXA ESTENOPEICA”

(CÁMARA FOTOGRÁFICA SEN LENTE)

Este taller ten coma obxectivo construír e empregar unha cámara estenopeica para observar de maneira segura a eclipse total do 12 de agosto, comprendendo os principios básicos da formación da imaxe sen lentes. Fomentar a experimentación científica, a creatividade e a divulgación da astronomía mediante unha experiencia práctica e participativa.

Dirixido: Público xeral. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Oscar Blanco Varela (director do Centro Astronónico Trevinca)

Contidos do temario:

I. Descrición detallada do eclipse do 12 de agosto, das condicións de observación e das recomendacións de seguridade. Tamén saberemos cales serán as mellores localizacións para velo no Concello de Arteixo.

II. Introdución ao funcionamento da cámara estenopeica e aos principios básicos da formación da imaxe.

III. Construción dunha cámara estenopeica con materiais sinxelos e preparación para a observación segura da eclipse.

IV. Observación e rexistro da eclipse total do 12 de agosto mediante proxección, analizando os resultados e resolvendo dúbidas sobre o fenómeno astronómico.

Datas e horarios: 

  • Mércores 29 de xullo de 11:00 a 13:00h.

Lugar:

Custe por día:

  • 10 €  Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
  • 15 € Inscrición Xeral.

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

 

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

 

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido