Desde hai séculos, as plantas aromáticas forman parte da vida cotiá de moitas culturas. Moito antes de que existisen moitos dos produtos que hoxe atopamos nas tendas, os nosos antepasados xa coñecían as propiedades das plantas da súa contorna e empregaban técnicas como a destilación e a maceración para obter preparados aromáticos, oleatos e hidrolatos.
Hoxe, plantas tan próximas como o romeu, a lavanda, a menta ou o loureiro seguen ofrecéndonos recursos de grande valor. Recuperar estes coñecementos tradicionais permítenos comprender mellor a natureza que nos rodea, aproveitar os seus recursos dun xeito sostible e manter vivo un patrimonio cultural que corre o risco de desaparecer.
Cada vez consumimos máis produtos elaborados a partir de plantas, pero poucas veces coñecemos a súa orixe ou os procesos necesarios para obtelos. Aprender como se elaboran é tamén unha maneira de valorar o seu verdadeiro significado e redescubrir o potencial que agocha a nosa contorna.
No Espazo Municipal Ecolóxico convidámoste a participar no Curso de Destilación de Plantas Aromáticas, onde coñeceremos as especies máis representativas da nosa contorna, descubriremos como funciona o proceso de destilación e elaboraremos de maneira práctica hidrolatos, oleatos e outras preparacións tradicionais.
Unha oportunidade para recuperar saberes, aprender facendo e descubrir todo o que as plantas que nos rodean poden ofrecernos.
TALLER DESTILADO DE PLANTAS AROMÁTICAS
Este taller ten coma obxectivo coñecer o proceso de destilación de plantas aromáticas para obter aceites esenciais e hidrolatos. Aprender a seleccionar, preparar e destilar diferentes especies aromáticas de forma práctica. Descubrir os usos e propiedades dos produtos obtidos mediante a destilación. Un achegamento á elaboración artesanal e ao aproveitamento responsable das plantas.
Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Nines Domínguez (@AlmaNaturis)

Contidos do temario:
I.Identificación das principais plantas aromáticas aptas para a destilación, as súas propiedades e a preparación do material vexetal antes do proceso.
II.Coñecemento do funcionamento do alambique e explicación práctica das diferentes fases do proceso de destilación por arrastre de vapor.
III.Descubrimento dos produtos que se obteñen durante a destilación, as súas características, conservación e principais diferenzas entre eles.
IV.Coñecemento das diferentes posibilidades de utilización dos hidrolatos e aceites esenciais, así como do aproveitamento responsable das plantas aromáticas. Cada participante levará consigo unha das preparacións elaboradas durante o taller, para poder experimentar e desfrutar do resultado na casa.
Datas e horarios:
-
Sábado 17 de outubro de 10:00 a 14:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 35 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal