Coa chegada do Día dos Defuntos, esta tradición cobra un significado especial. Os crisantemos, os caraveis e outras flores típicas destas datas convértense nunha forma de honrar a memoria das persoas que xa non están connosco. Ao longo do tempo, os arranxos florais pasaron a formar parte da nosa cultura, conservando costumes que se transmiten de xeración en xeración.
Neste taller achegarémonos á cultura das flores e ao seu simbolismo, descubrindo como crear arranxos florais tradicionais con sensibilidade, creatividade e respecto pola natureza. Unha oportunidade para recuperar saberes, poñer en valor as nosas tradicións e expresar emocións a través da arte floral.
TALLER ARRANXOS FLORAIS NATURAIS (2ª EDICION)
Este taller aprenderás a realizar un ramo de flores y un centro con flores naturais e autóctonas, como a camelia, o breixo, o crisantemo e a hortensia. Nunha base (incluída) e utilizando como soporte unha esponxa, elaboraremos un centro redondo de estilo silvestre que levarás para a túa casa.
Dirixido: Afeccionados a xardinería. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Paula Roibal Rey
Contidos do temario:
II. Deseño Floral: Exemplo prático dos pasos básicos para confeccionar o centro floral que faremos no taller.
III. Coidado das Flores: Mantén os teus arranxos frescos e vibrantes por máis tempo.
IV. Creatividade e Estilo: Desenvolve o teu propio estilo e crea pezas únicas que reflictan a túa personalidade.
V. Os participantes levarán o seu centro floral.

Datas e horarios:
-
Sábado 24 de outubro de 10:00 a 14:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 35 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal