Sumarte
Cada canto tempo factura Sumarte?
Sumarte factura cada tres meses aos usuarios.
Cal é o seu horario de oficina?
A oficina de atención ao cliente de Sumarte atópase en:
Edificio de Servizos Múltiples
Travesía de Arteixo, 249 – 2º
Ligazón a Google Maps
Informámoslle que para a maioría dos trámites é necesario solicitar cita previa.
HORARIO
De 09:00 horas a 14:00 horas de luns a venres
Lembrámoslle que temos canles alternativos para o servizo ao cliente:
Teléfono de Atención ao Cliente 981 65 90 90
En cumprimento do disposto no artigo 22 do RDL 1/2007, Sumarte poñerá unha liña telefónica 900 a disposición dos seus clientes
Correo electrónico oficina central sumarte@sumarte.gal
Correo electrónico de augas augas@sumarte.gal
Oficina virtual a través da nosa páxina web https://sumarte.gal
Que trámites poderanse realizar na Oficina Virtual?
- Alta de subministración, tanto para un contrato novo sen rexistro como para clientes rexistrados que queiran dar de alta outras subministracións a partir dos propios datos.
- Baixa de subministración.
- Cambio de titularidade da subministración.
- Domiciliación bancaria.
- Facturación electrónica.
- Reclamacións económicas relacionadas coa subministración.
- Suxestións, reclamacións ou queixas sobre a prestación do servizo.
- Lectura e intervencións no seu contador.
- Cambio de domicilio para o envío de documentación.
- Modificación de datos do usuario, recordándolle que os seus cambios terán influencia no rexistro de usuario.
Teño que ir á oficina para realizar todos os trámites?
A maioría das xestións con Sumarte poderanse realizar online, previo rexistro como usuario na nosa Oficina Virtual.
Canto tempo teño para pagar a miña factura?
Voluntaria | Inicio | Fin | Cargo en conta domiciliación | Concepto |
1 | 21/01/2022 | 25/03/2022 | 28/01/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 4º trimestre 2021 |
2 | 11/04/2022 | 15/06/2022 | 18/04/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 1º trimestre 2022 |
3 | 11/07/2022 | 14/09/2022 | 18/07/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 2º trimestre 2022 |
4 | 11/10/2022 | 15/12/2022 | 18/10/2022 | Taxa de auga,saneamento e depuración 3º trimestre 2022 |