A presente convocatoria pública ten por obxecto regular a selección dun/a Operario/a, Grupo D.4 para cubrir as necesidades de SUMARTE no referente á prestación do servizo de limpeza viaria. Dita contratación fixa materializarase a través da formalización dun contrato laboral indefinido, sendo retribuída conforme ao previsto no Convenio colectivo do sector de saneamento público, limpeza viaria, regas, recollida, tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de alcantarillado, e coas retribucións do persoal actual, ascendendo a un bruto de 17.133,41€ para o ano 2023.
As funcións encomendadas, a título enunciativo que non limitativo, serán as seguintes:
- Limpeza de rúas e prazas, con escoba, escobón e instrumental facilitado.
- Limpeza de rúas con sopradora, acompañando á maquinaria barredora.
- Limpeza de xardíns e parques, recollendo e extraindo delas a sucidade existente.
- Respecto aos residuos ou lixo depositados fóra de lugar ou en torno aos contedores, recollelos e clasificalos convenientemente.
- Vaciar papeleras.
- Quitar herbas e matogueiras das rúas e beirarrúas.
- Limpeza de solares e descampados.
- Realizar traballos de mantemento e limpeza de praias (movimento de pasarelas, barrido, rastrillado…).
- Traballos de limpeza de baldeo e desinfección.
- Condución de vehículos de menos de 3.500 kg.
- E, en xeral, todas aquelas que se derivan do desempeño do posto.
A persoa candidata que resulte seleccionada nas probas selectivas por ter obtido a máxima puntuación, pasará a formar parte da plantilla de SUMARTE. As restantes persoas candidatas que superen as probas selectivas, relacionadas en orde decrecente de puntuación, pasarán a formar parte dunha Bolsa de Contratación para a cobertura de baixas ou outras necesidades inaplazables e urxentes que puidesen concorrer para garantir o adecuado desempeño e funcionamento dos servizos encomendados a SUMARTE. A Bolsa de Contratación regularase polas previsions establecidas no ANEXO III. A cobertura de necesidades da Bolsa de Contratación realizarase por rigorosa orde de puntuación. No caso de que a persoa candidata rexeite a contratación que se lle ofrece, excluiráselle nos chamamentos que se realicen ata esgotar a lista completa de persoas que a integran e volverá a lista á súa posición.
Pódense consultar as bases completas da convocatoria premendo o seguinte enlace.