Das pólas ao cesto: a arte de tecer coa natureza.

Durante séculos, os nosos antepasados aproveitaron as pólas, fibras vexetais e plantas da contorna para elaborar cestos, utensilios e obxectos de uso cotián. A cestería tradicional é moito máis ca unha técnica artesanal: é unha forma de aproveitar os recursos naturais, reducir residuos e manter vivo un patrimonio cultural transmitido de xeración en xeración.

Hoxe, nun momento no que buscamos alternativas máis sostibles e recuperar o contacto cos oficios tradicionais, a cestería silvestre volve cobrar protagonismo.

Neste taller do EME aprenderemos a recoñecer e aproveitar materiais vexetais da nosa contorna para crear pezas únicas coas nosas propias mans, recuperando a sabedoría ancestral de tecer coa natureza.

TALLER CESTERÍA SILVESTRE (3ª EDICIÓN)

Este taller ten coma obxectivo aprender a recoñecer e recoller materiais naturais do entorno. Busca transmitir técnicas tradicionais de tecido manual e creatividade. Promove a conexión coa natureza e o aproveitamento sostible dos recursos.

Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Quim Oriol

 

Contidos do temario:

I. Identificación e recollida de fibras vexetais silvestres axeitadas para a cestería.
II. Preparación e tratamento dos materiais naturais antes do seu uso.
III. Aprendizaxe de técnicas básicas de tecido e elaboración de pezas sinxelas.
IV. Aplicación práctica mediante a creación dunha cesta ou obxecto funcional.
V. Cada participante levará a súa cesta artesanal.

Datas e horarios:

Sábado 14 de novembro de 10:00 a 14:00 h

Lugar: Parque Municipal de Monticaño

 

Custe: 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
35€ Inscrición Xeral

 

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte(Servizo Municipal de Augas e BiciArteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

Máis información:
www.sumarte.gal
🟢 +34 698 193 000 (WhatsApp)
📞 +34 604 01 29 30 (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
+34 981 65 90 90
✉️ cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido