Entre aceites e plantas: descubre o mundo dos xabóns naturais

Elaborar xabón natural na casa permítenos coñecer e controlar os ingredientes que utilizamos na nosa hixiene diaria.
É unha forma de recuperar coñecementos tradicionais e desenvolver habilidades prácticas de elaboración artesanal.
Ademais, pode contribuír a reducir envases e fomentar un consumo máis consciente e sostible.
Unha actividade sinxela e creativa que nos conecta coa natureza e nos invita a valorar o que podemos crear coas nosas propias mans.

Por que é interesante aprender a facer os nosos propios xabóns?

  • Coñecer o que utilizamos sobre a nosa pel. Aprenderemos a identificar os ingredientes e a seleccionar materias primas axeitadas para elaborar produtos de hixiene máis sinxelos e personalizados.
  • Recuperar coñecementos e técnicas tradicionais. A elaboración artesanal de xabón é unha práctica tradicional que nos permite recuperar saberes vinculados ao aproveitamento dos recursos e á elaboración caseira.
  • Unha alternativa máis sostible. Crear os nosos propios produtos pode axudarnos a reducir envases, fomentar un consumo responsable e valorar alternativas máis respectuosas co medio ambiente.
  • Aproveitar ingredientes naturais. Coñeceremos as propiedades de diferentes aceites, plantas e outros ingredientes que poden incorporarse ás elaboracións.
  • Fomentar a autonomía e a creatividade. Facer xabón é unha actividade práctica que nos permite experimentar, crear diferentes fórmulas, aromas e acabados, desenvolvendo a nosa autonomía.
  • Unha actividade para gozar e compartir. Ademais de aprender unha nova habilidade, é unha experiencia creativa e participativa que nos conecta cos procesos artesanais e cunha forma de consumo máis consciente.

Un obradoiro para aprender, experimentar e recuperar o pracer de crear coas nosas propias mans.

 

 

🗓️ Data e horario: Sábado 10 de outubro (10:00h a 14:00h)

📍 Lugar: Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza)

💶 Custe: 25 € (Empadroados en Arteixo e clientes de SUMARTE) / 35 € (Xeral)

👥 Prazas: 15 prazas por orde de recepción.

👉 Inscricións: Xa podes reservar a túa praza a través da seguinte LIGAZÓN DO FORMULARIO.

 

 

 

 

 

 

 

Este taller ten coma obxectivo coñecer as técnicas para elaborar xabóns artesáns e naturais con ingredientes respectuosos coa pel e co medio. Exploraremos técnicas sinxelas, aromas naturais e propiedades dos aceites vexetais. Promóvese un consumo responsable e consciente, reducindo o uso de produtos industriais e envases innecesarios.

Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Claudia Moar

Contidos do temario:

I. Introdución á xabonería artesanal: principios da saponificación, materias primas (aceites, álcalis, líquidos e aditivos) e normas de seguridade.
II. Elaboración conxunta dunha fórmula de xabón mediante proceso en frío, combinando diferentes aceites vexetais. Cada participante levará o xabón elaborado.
III. Elaboración O xabón afeltrado que é unha pastilla de xabón natural recuberta con lá de ovella, que actúa como unha esponxa suave e axuda a exfoliar e coidar a pel.
IV. Extracción do aceite a partir de oleatos: técnicas de maceración, filtrado e aplicación dos extractos oleosos na formulación de xabóns.

Duración: 4  horas

Fechas y horas: 

  • Sábado 10 de outubro de 10:00h a 14:00h

Lugar:

Custe: 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
              35€ Inscrición Xeral

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN

15 plazas por orde de inscrición, con prioridade para os empadroados no municipio de Arteixo e clientes de Sumarte (Servizo Municipal de Agua o bici/\rteixo ).

As solicitudes que queden sen praza asignada serán convocadas para a próxima edición de este curso.

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00)

www.sumarte.gal

Espazo Municipal Ecolóxico Información: 604 012 930

Sumarte CAT Centro de Atención Telefónica: 698 193 000

Sumarte Oficina de Administración Xeral: 981 65 90 90

✉️ cursoseme@sumarte.gal

Scroll ao inicio
Ir o contido