Baixo a terra existe unha rede de colaboración fascinante entre os fungos e as raíces das árbores. Esta asociación natural, coñecida como micorrización, permite que ambos se beneficien mutuamente: os fungos axudan ás plantas a absorber auga e nutrientes do solo, mentres que as árbores lles proporcionan os azucres que producen mediante a fotosíntese.
As micorrizas desempeñan un papel fundamental na saúde dos bosques, na fertilidade do solo e na capacidade das árbores para adaptarse ás condicións ambientais. Coñecer este proceso permítenos comprender mellor o funcionamento dos ecosistemas e descubrir novas formas de favorecer o crecemento e a vitalidade das árbores.
No curso de micorrización de árbores do Espazo Municipal Ecolóxico (EME) de Arteixo, aprenderemos como funciona esta relación entre fungos e árbores e como podemos aplicala para contribuír á recuperación e conservación dos nosos espazos naturais.
TALLER MICORRIZACIÓN DE ÁRBORES
Este curso ten como obxetivo aprender a obtención de cogomelo boletus edulis asociadas a Castiñeiras e níscalos asociados a piñeiros.
Dirixido: Afeccionados á horta e/o xardín. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Santiago Liñeira

Contidos do temario:
II. Micorrización de árbores adultos. castiñeiros para produción de castaña, madeira e cogomelo ( boletus edulis).
III. Micorrización de árbores adultos. Coníferas (piñeiros) para produción de madeira e cogomelo (níscalo).
IV. Plantación con árbores micorrizados en viveiro, castiñeiros, carballos, bidueiros, haxas, para a produción de cogomelo ( boletus edulis).
V. Platantación con árbores micorrizados en viveiro, conÍferas ( piñeiros) para a produción de cogomelo (níscalo).
Datas e horarios:
Sábado 7 de novembro de 10:00 a 14:00 h
Lugar: Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza)
Custe: 15 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
25€ Inscrición Xeral
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte(Servizo Municipal de Augas e BiciArteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
Máis información:
www.sumarte.gal
🟢 +34 698 193 000 (WhatsApp)
📞 +34 604 01 29 30 (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
+34 981 65 90 90
✉️ cursoseme@sumarte.gal