Nova edición do taller do Espazo Municipal Ecolóxico «BOTIQUÍN NATURAL CON PLANTAS SILVESTRES»

 

TALLER BOTIQUÍN NATURAL CON PLANTAS SILVESTRES (2ª EDICION)

Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender a preparar o teu propio botiquín natural con plantas silvestres. Coñecerás cinco plantas medicinais silvestres coas que poderás organizar o teu botiquín natural básico para coidar o teu corpo e a túa mente.

Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Nines Dominguez y Lidia Ares

Contidos do temario:

I.Introdución práctica ás plantas medicinais. Normas básicas de recollida responsable. Identificación das plantas seleccionadas. Como recoller, conservar e preparar correctamente as plantas e o seu uso.
II. Saída de recoñecemento e recollida de cinco plantas medicinais.
III. Como cultivalas, colleitalas e conservalas. As súas propiedades, usos e precaucións
IV. Elaborar tres preparados medicinais: un aceite medicinal macerado, unha pomada e un colutorio dental herbal.

 

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 4 de Xullo de 10:00 a 14:00 h

Lugar:

Custe:

  • 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte / biciArteixo e asimilados.
  • 35 € (Inscrición Xeral)

 

Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.

O remate do curso todo o mundo levará o seus preparados.

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/rteixo).

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Scroll al inicio
Ir al contenido