SUMARTE – Expediente 2026/E001/000003
De conformidade co establecido no apartado 5.1 das bases reguladoras do proceso selectivo para a creación dunha bolsa de emprego de persoal laboral temporal para o posto de Operario/a de Augas de SUMARTE, publicadas no Boletín Oficial da Provincia da Coruña n.º 99, do 28 de maio de 2026, e unha vez transcorrido o prazo de tres (3) días naturais para a presentación de reclamacións sen que se rexistrase ningunha, procédese á publicación da relación definitiva de cualificacións.
A clasificación definitiva, ordenada de maior a menor puntuación total obtida, é a seguinte:
| Orde | Aspirante | DNI | Méritos (45) | Test (30) | Entrevista (25) | Total (100) |
|---|---|---|---|---|---|---|
| 1 | Juan José Piñón Barreiro | ****7733* | 28,25 | 29,00 | 19,75 | 77,00 |
| 2 | Luis Cotelo Juanes | ****3818* | 6,25 | 28,00 | 15,00 | 49,25 |
| 3 | Alejandro González Loureiro | ****0982* | 6,75 | 26,00 | 10,25 | 43,00 |
A presente resolución publícase na sede electrónica de SUMARTE e, de forma complementaria, na páxina web da entidade para o seu coñecemento xeral e para os efectos oportunos.