Sumarte
Funcións desenvolvidas e outros datos de interese
Transparencia
/Funcións desenvolvidas
O obxecto social da Sociedade comprenderá a xestión de servizos vinculados ao ciclo integral da auga, en particular, incluirá a posibilidade de planificar, proxectar, executar e explotar as actuacións e instalacións que resulten necesarias para estes efectos, así como a realización das funcións relacionadas cos servizos hidráulicos que resulten precisas e que requira a normal prestación do servizo.
Así mesmo, formará parte do obxecto social a produción de enerxía, así como a análise, deseño, promoción, difusión, desenvolvemento e implementación de boas prácticas, estratexias e tecnoloxías vinculadas ao funcionamento, sustentabilidade e mobilidad urbana.
As actividades enumeradas nos precedentes parágrafos poderán ser desenvoltas por esta Sociedade de modo directo ou indirecto, total ou parcialmente, segundo a natureza do servizo ou actividade a desenvolver, podendo facelo así mesmo mediante participación noutras sociedades con obxecto idéntico ou análogo.
Poderá realizar, mediante os oportunos acordos, os mesmos fins noutros municipios, Organismos, Corporacións e Entidades públicas ou privadas.
A Sociedade poderá adquirir accións ou tomar participacións doutras sociedades de idéntico ou análogo obxecto, para o desenvolvemento dos propios desta Sociedade, mediante a subscrición de acciones ou participacións na fundación ou aumento de capital das mesmas ou a adquisición delas por calquera título, realizando contratos de colaboración, execución e xestión que foren precisos.
Servizos Urbanos Municipais de Arteixo S.A (Sumarte)
/Identidade, forma e réxime xurídico
Coa denominación Servizos Urbanos Municipais de Arteixo S.A constitúese unha sociedade mercantil municipal, que adoptará a forma de sociedade anónima, que se rexerá polo establecido nos estatutos; pola lexislación de sociedades de capital e polas disposicións legais que en cada momento lle foren aplicables.
Capital social
Sesenta mil euros (60.000,00€).
Identificación fiscal
CIF: A16965832
Rexistrada no Rexistro Mercantil de A Coruña, tomo 3770, folio 20, folla C – 64435, inscrición 1ª.
Domicilio social
- Praza Alcalde Ramón Dopico, 1 15142 Arteixo, A Coruña (España)
- (+34) 981 65 90 90
- Horario de atención ao público: 09:00 h a 14:00 h
- Correo electrónico sede central: sumarte@sumarte.gal
- Correo electrónico augas: augas@sumarte.gal
Accionista
/Accionista da sociedade
O capital social da Sociedade totalmente desembolsado e propiedade do Excmo. Concello de Arteixo é de 60.000,00€ ( sesenta mil euros) representado por cen acciones nominativas cunvalor de 600,00€ (seiscentos euros) cada unha, constitutivas dunha única clase e numeradas correlativamente do número 1 ao 100 ambos inclusive, non podendo ser alleado nin destinado a finalidade distinta da que constitúe o obxecto social.
As accións representaranse por medio de títulos nominativos podendo procederse á emisión de títulos múltiples.
As accións unicamente poderán ser alleadas a terceiros cando teñan a condición de Administracións Públicas ou entidades dependentes das mesmas, cuxo capital social sexa exclusivamente público e cuxo ámbito competencial ou obxecto social atópese directamente relacionado co obxecto social definido nos presentes estatutos.
A transmisión voluntaria de accións requirirá a autorización previa da Xunta Xeral. Dita autorización só poderá outorgarse previa comprobación dos requisitos subxectivos expresados no parágrafo anterior, así como da concorrencia de circunstancias que aconsellen o establecemento dun marco de cooperación horizontal institucionalizada en materia de xestión do ciclo integral da auga entre o Concello de Arteixo e o adquirente do capital social.
Consello de Administración
A sociedade está administrada por un Consello de administración cuxas facultades están recollidas nos estatutos sociais.
Organigrama funcional
Descríbense os diferentes postos de traballo que existen na empresa, distribuídos por áreas.