REPRODUCCIÓN DE PLANTAS SEN SEMENTES
Este curso ten coma obxectivo prioritario coñecer as técnicas básicas para a propagación vexetativa de plantas, utilizando as pugas (esquejes), para horta e o xardín.
Dirixido a: Afeccionados á horta e/o xardín. Nivel INICIACIÓN.
Equipo formativo: Andrés Graña (Mestre do CFEA Guísamo) e persoal docente do Espazo Municipal Ecolóxico (eMe)
Contidos do temario:
- Importancia das pugas.
- Selección do material vexetal. Elección de especies.
- Época adecuada para facer pugas.
- Ferramentas necesarias e o seu correcto uso.
- Preparación de substratos para o enraizamento.
- Fisioloxía vexetal das pugas.
- Hormonas de enraizamento.
- coidados e condicións ambientais durante o enraizamento
Duración: 4 Horas