Filtro xeral
Só coincidencias exactas
Buscar no título
Buscar no contido
Buscar no extracto

Inicio » NOTICIAS » Página 12

Aberto o prazo de inscrición ó curso do Espazo Municipal Ecolóxico «TALLER COROAS OUTONAIS NATURAIS»

TALLER DE COROAS OUTONAIS NATURAIS

Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender a técnica para a elaboración de coroas outonais con elementos naturais, explorando o proceso dende a selección dos materiais ata o deseño final.

Dirixido: Afeccionados a xardinería. Nivel INICIACIÓN

O equipo formativo: Paula Roibal

Contidos do temario:

I. Materiais naturais: Identificación dos elementos que utilizaremos, a súa orixe e as mellores técnicas para a súa conservación.
II. Deseño floral: Demostración práctica dos pasos básicos para confeccionar unha coroa outonal.
III. Creatividade e estilo: Aprende a desenvolver o teu propio estilo e crea pezas únicas que reflictan a túa personalidade.

Duración: 4 Horas

Datas e horarios: 

  • Sábado 15 de novembro de 10:00h a 14:00h

Lugar:

Custe:

  • 25 € (inscrición) para os empadroados en Arteixo, clientes de Sumarte e asimilados.
  • 35 € (Inscrición Xeral)

 

Inscrición: Envía a túa solicitude enchendo o formulario que atoparás ao picar na seguinte LIGAZÓN.

 

O remate do curso todo o mundo levará a súa coroa outonal natural.

 

15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte.

As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas e terán prioridade na próxima edición de este curso.

 

MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)

Oficina de Atención ao cliente de Sumarte: 981 65 90 90  – – –  900 830 888

Espazo Municipal Ecolóxico: 604 01 29 30

WhatsApp Sumarte: 698 193 000

E-mail: cursoseme@sumarte.gal

Ir al contenido