Corte de auga programado para o xoves 6 de xullo de 2023 en Meicende
O Servizo Municipal de Augas programa un corte no suministro para o próximo xoves 6 de xullo do 2023, co obxectivo de acometer melloras na rede xeral.
Será dende as 09:00 h ata as 12:00 h aproximadamente.
O corte afectará, salvo imprevistos, as seguintes rúas de Meicende:
- Touriñana
- María Zambrano
- Barcelona
- Praza do Petón
- Sevilla
- Zaragoza
- Asunción
- Brañal
- Caracas
- Rosa Chacel
- Bilbao
- Paraguay
O Servizo de Augas aconsella aos usuarios vixiar especialmente non deixar ningunha billa aberta e non usar lavadoras ou lavalouzas durante o restablecemento do servizo.
Rogamos desculpen as molestias.