Servizo de augas
Campaña de Renovación de Contadores
ACTUACIÓN A014 complementaria: Equipos de telelectura de consumos de agua potable en zonas rurales con población dispersa del municipio de Arteixo
Empresa adxudicataria
GÓMEZ GROUP
Zona rural
Loureda - Rañal - Barrañán - Chamín - Santaia - Sorrizo - Larín
Do 11/05/2026 ao 29/06/2026
Empresa adxudicataria
UTE EQUIPOS DE TELELECTURA ARTEIXO
Completada 100%
Arteixo impulsa a dixitalización do auga no rural
/11.000 novos telecontadores para as zonas rurais e de poboación dispersa
No Concello de Arteixo damos un paso decisivo cara á modernización dos nosos servizos públicos. A primeira fase do proxecto inclue a implantación de 11.000 equipos de telelectura de auga potable, destinados especificamente ás nosas zonas rurais , áreas de poboación dispersa e puntos de dificil acceso.
O reto da dispersión e o acceso no rural
O noso municipio presenta un contraste notable entre as zonas urbanas e as áreas rurais, caracterizadas por unha gran dispersión xeográfica e un envellecemento da poboación. Nestas zonas, os sistemas tradicionais presentan dificultades:
Contadores obsoletos
Moitos equipos superan os 20 anos de antigüidade, o que compromete a precisión.
Acceso complexo
A dispersión fai que as lecturas convencionais sexan ata cinco veces máis lentas e custosas que no centro.
Xestión intelixente
A nova tecnoloxía permite superar as barreiras físicas das zonas de difícil acceso mediante a lectura remota.
Beneficios para a veciñanza
A chegada dos telecontadores supón unha transformación positiva na xestión diaria do auga:
Lecturas reais e sen molestias
Grazas á telelectura, xa non será necesario o acceso físico ao contador para tomar a nota, eliminando as estimacións e garantindo que cada veciño pague exactamente polo que consome.
Control de fugas en tempo real
O sistema detecta de xeito automático calquera consumo anómalo, o que permite reaccionar rápido ante avarías ou fugas, evitando o desperdicio de auga e custos imprevistos.
Unha mirada social
Esta tecnoloxía permite monitorizar patróns de consumo, o que pode ser clave para detectar irregularidades en fogares de persoas maiores que viven soas, servindo como unha ferramenta indirecta de apoio ao benestar.