Dende hai séculos, os froitos do bosque forman parte da alimentación e da cultura das comunidades rurais. Amorodos silvestres, framboesas, arandos, grosellas ou moras ofrecían alimento de tempada e eran recollidos tradicionalmente nos bosques, camiños e sebes. Ademais do seu valor gastronómico e nutricional, estes froitos desempeñan un papel importante na biodiversidade, xa que alimentan numerosas especies de aves e outros animais.
Hoxe, recuperar o seu cultivo nos nosos hortos e xardíns é unha oportunidade para achegarnos á natureza, aproveitar mellor o espazo dispoñible e gozar de froitos frescos e de proximidade. Neste curso aprenderemos a cultivar pequenos froitos do bosque, coñeceremos as súas necesidades e descubriremos como incorporalos ao noso espazo verde de forma sinxela e sostible.
Unha proposta para recuperar saberes tradicionais, favorecer a biodiversidade e encher o noso horto de sabor e vida.
TALLER PEQUENOS FRUTOS DO BOSQUE
Este taller ten como obxectivo coñecer e aprender sobre o cultivo, coidado e colleita de froitas como arándoos, framboesas, mouras e amorodos. Este taller de dous días de duración cubre desde a planificación e plantación ata a recolección e coidados, ofrecendo coñecementos para cultivar estas bagas en casa ou a pequena escala.
Dirixido: Afeccionados a xardinería. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Santiago Liñeira

Contidos do temario:
I. Introdución ao cultivo de pequenos froitos do bosque como arandanos, frambuesas, mouras, amorodos, grossellas.
II. Frambuesa, Grosellero negro e grosellero rojo
III. Cultivo, coidado e colleita
IV. Propiedades e características do froito. Comercialización
Datas e horarios:
Dous días de duración
Venres 30 (16:00 a 21:00) e Sábado 31 (09:30 a 14:30), Outubro.
Lugar:
Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza) 15142 Arteixo, A Coruña
Custe:
25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
35€ Inscrición Xeral
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte(Servizo Municipal de Augas e BiciArteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
Máis información:
www.sumarte.gal
🟢 +34 698 193 000 (WhatsApp)
📞 +34 604 01 29 30 (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
+34 981 65 90 90
✉️ cursoseme@sumarte.gal