
TALLER CÚPULAS FLORAIS
Este taller ten coma obxectivo é aprender a crear unha cúpula de cristal decorativa con flores preservadas ou secas, aprendendo técnicas básicas de composición floral e montaxe. Fomentar a creatividade e a expresión persoal mediante o deseño dunha peza única e artesanal.
Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Paula Roibal
Contidos do temario:
I.Presentación dos materiais e explicación básica sobre flores preservadas, secas e técnicas de composición floral.
II.Deseño da composición: elección das flores, combinación de cores e distribución dentro da cúpula de cristal.
III.Montaxe da cúpula: fixación dos elementos florais e creación da peza decorativa paso a paso.
IV.Remate e presentación final das creacións, compartindo ideas, inspiración e coidados para conservar a cúpula.
V.Cada participante levará a súa cúpula floral.
Datas e horarios:
-
Sábado 08 de agosto de 10:00 a 14:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 25 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 35 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/\rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal