
TALLER ELABORACIÓN MARMELADAS E CONSERVAS NATURAIS
Este taller ten coma obxectivo aprender a elaborar marmeladas e conservas naturais de forma segura, empregando produtos de tempada e técnicas tradicionais. Promover o aproveitamento dos alimentos, reducindo o desperdicio e fomentando hábitos de consumo sostibles.
Dirixido: Afeccionados á eco-artesanía. Nivel INICIACIÓN
O equipo formativo: Pilar Sotelino @avoamakika
Contidos do temario:
I. Selección e preparación dos ingredientes: elección de froitas e hortalizas de tempada, limpeza e preparación previa.
II. Elaboración de marmeladas e conservas: técnicas de cocción, proporcións de ingredientes e métodos de conservación natural.
III. Envasado e conservación segura: esterilización dos envases, peche ao baleiro e boas prácticas de hixiene alimentaria.
IV. Aplicación práctica e degustación: elaboración dunha receita, resolución de dúbidas e recomendacións para a conservación e consumo na casa.
V. Cada participante levará a súa marmelada e conserva
Datas e horarios:
-
Sábado 22 de agosto de 10:00 a 14:00h.
Lugar:
- Parque Municipal de Monticaño (Pastoriza).
Custe por día:
- 15 € Empadroados en Arteixo, clientes de SUMARTE e asimilados.
- 25 € Inscrición Xeral.
Inscrición: Pinchar na seguinte LIGAZÓN.
15 prazas por orde de inscrición tendo prioridade os empadroados no concello de Arteixo e os clientes de Sumarte (Servicio Municipal de Augas e bici/\rteixo).
As solicitudes que queden sen praza asignada, serán convocadas para a próxima edición de este curso.
MÁIS INFORMACIÓN: (De luns a venres de 8:00 a 15:00 h)
Espazo Municipal Ecolóxico: +34 604 01 29 30
WhatsApp Sumarte: +34 698 193 000
Oficina Sumarte: +34 981 65 90 90 – 900 830 888
E-mail: cursoseme@sumarte.gal