Filtro xeral

Inicio » SUMARTE E MEDIO AMBIENTE » Campaña de digitalización del parque de contadores

PROXIMAS ZONAS DE RENOVACIÓN:

EMPRESA INSTALADORA: GOMEZ GROUP

RAÑAL E PRAIA DE SABON:  16/03/2026 – 18/03/2026

LOUREDA:  19/03/2026 – 25/03/2026

LAÑAS – ARMENTON – CHAMIN – LARIN (PROXIMAMENTE AS DATAS)

 

Arteixo impulsa a dixitalización do auga no rural: 11.000 novos telecontadores para as zonas rurais e de poboación dispersa

No Concello de Arteixo damos un paso decisivo cara á modernización dos nosos servizos públicos. A primeira fase do proxecto inclue a implantación de 11.000 equipos de telelectura de auga potable, destinados especificamente ás nosas zonas rurais , áreas de poboación dispersa e puntos de dificil acceso.

 

O reto da dispersión e o acceso no rural

O noso municipio presenta un contraste notable entre as zonas urbanas e as áreas rurais, caracterizadas por unha gran dispersión xeográfica e un envellecemento da poboación. Nestas zonas, os sistemas tradicionais presentan dificultades:

  • Contadores obsoletos: Moitos equipos superan os 20 anos de antigüidade, o que compromete a precisión.

  • Acceso complexo: A dispersión fai que as lecturas convencionais sexan ata cinco veces máis lentas e custosas que no centro.

  • Xestión intelixente: A nova tecnoloxía permite superar as barreiras físicas das zonas de difícil acceso mediante a lectura remota.

Beneficios para a veciñanza

A chegada dos telecontadores supón unha transformación positiva na xestión diaria do auga:

  • Lecturas reais e sen molestias: Grazas á telelectura, xa non será necesario o acceso físico ao contador para tomar a nota, eliminando as estimacións e garantindo que cada veciño pague exactamente polo que consome.

  • Control de fugas en tempo real: O sistema detecta de xeito automático calquera consumo anómalo, o que permite reaccionar rápido ante avarías ou fugas, evitando o desperdicio de auga e custos imprevistos.

  • Unha mirada social: Esta tecnoloxía permite monitorizar patróns de consumo, o que pode ser clave para detectar irregularidades en fogares de persoas maiores que viven soas, servindo como unha ferramenta indirecta de apoio ao benestar.

Ir al contenido